Cargando resultados...
Ferido un menor tras ser atropelado na N-550 ao seu paso por Padrón
O suceso ocorreu este luns pasadas as 8 da mañá
Varias persoas deron a voz de alarma e desprazáronse ata o lugar do accidente o 061, axentes da Policía Local es GES de Padrón
G24.gal
26/01/2026 10:57
Unha persoa menor de idade quedou ferida tras ser atropelada por un vehículo na N-550, ao seu paso polo municipio coruñés de Padrón.
Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse minutos despois das 08:00 horas deste luns e foron varias persoas as que deron a voz de alarma.
Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Policía Local e o GES de Padrón.