Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home agride o persoal sanitario dun centro de saúde de Pontevedra

Un home agride o persoal sanitario dun centro de saúde de Pontevedra

Tamén rachou unha porta de cristal e provocou a suspensión das consultas

O centro sanitario nunha imaxe de arquivo O centro sanitario nunha imaxe de arquivo
G24.gal 14/09/2024 12:23

Un home que acompañaba unha paciente no centro de saúde Virxe Peregrina de Pontevedra agrediu o persoal sanitario, rachou unha porta de cristal e provocou a suspensión da actividade asistencial.

Segundo informa o Sergas nun comunicado, o suceso produciuse a última hora do venres na área de consultas do terceiro andar. O home empurrou o persoal, "forcexou violentamente" con efectivos do centro e provocou, entre outros danos, a ruptura dunha porta de cristal.

Como consecuencia, a actividade asistencial suspendeuse e tivo que ser derivada ao centro de saúde da Parda ata a última hora da noite do venres.

Denuncia

Varias dotacións policiais desprazáronse ata o lugar e a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés vai cursar a correspondente denuncia porque, de acordo coa información institucional, o home xa está identificado.

Por mor deste tipo de incidentes, o Sergas vai estudar o reforzo da seguridade nese centro de saúde para garantir o funcionamento normal da súa actividade asistencial.

O xerente da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, José Flores Arias, sinalou que a seguridade do persoal "está por riba de todo" e "non van tolerar agresións, nin físicas nin verbais" e tomarán todas as medidas legais posibles.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos