Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un golazo de Irurita cústalle a segunda derrota consecutiva ao Pontevedra

Un golazo de Irurita cústalle a segunda derrota consecutiva ao Pontevedra

Foto: @PontevedraCFSAD
G24.gal 20/09/2025 22:54

O heroe das primeiras xornadas de liga no Pontevedra non puido deter o que, probablemente será o tanto da xornada en primeira federación. 

Minuto 22 da primeira metade, banda dereita, golpeo preciso que pilla a Raúl Marqueta adiantado e chega o tanto que lle da os tres puntos ao conxunto vasco. 

O gol é obra do lateral dereito Xabi Irurita.

Reaccionou o conxunto de Rubén Domínguez...Alain Ribeiro de cabeza puido empatar...

E tamén gozaron das súas Dani Selma e Ander Vidorreta, que no reinicio estrelou esta pelota no traveseiro.

Os granates non foron quen de empatar a contenda e quedan con catro puntos na táboa clasificatoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade