Cargando resultados...
Un gol de Nieto no 90' dálle ao Rácing tres puntos de ouro
G24.gal
12/03/2022 19:14
Triunfo importantísimo do Rácing de Ferrol para seguir mirando cara os postos de play-off neste último terzo de competición. Os de Cristóbal Parralo adiantáronse moi cedo, no minuto 2 cun golazo de Kévin Presa de vólea.
Xusto na reanudación, empataba Gorka Tijera a prol do Real Unión. Pero os departamentais non baixaron os brazos e despois de moito asediar, no minuto 90 Dani Nieto conectou un gran disparto que bateu ao gardamallas e colocou o seu equipo quinto clasificado momentaneamente