Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un estudo avala un novo tratamento para o cancro de colon metastásico

Un estudo avala un novo tratamento para o cancro de colon metastásico

Incrementa a supervivencia unha media de tres meses

No ensaio clínico participaron case 500 pacientes

G24.gal 22/01/2023 21:10 Última actualización 22/01/2023 21:53

O director do Instituto do Vall d'Hebron conta satisfeito como o último ensaio con pacientes con cancro de colon logrou aumentar a supervivencia dos enfermos que menos opcións tiñan.

"Son pacientes nos que xa fracasaran os tratamentos previos con quimioterapia e biolóxicos",  di Josep Tabernero.

O equipo de investigación probou que a eficacia dun medicamento habitual melloraba ao engadirlle un anticorpo, que frea o crecemento do tumor.

"O estudo avaliou os pacientes para recibir un tratamento xa autorizado que é Trifuiridine/tipicacil só ou ben cun anticorpo, o bevacizumab. Os pacientes que recibiron a nova fórmula presentaban un incremento na supervivencia significativo e clinicamente relevante", asegura.

Os enfermos tratados coa nova combinación de fármacos tiveron unha supervivencia media de preto de once meses, tres máis que os que recibiran só a terapia habitual.

"O cancro de colon é o tumor máis habitual en España, afecta por igual a homes e mulleres. Ata o 50 % dos enfermos poden ter metástase nalgún momento da evolución da enfermidade, así que ter máis opcións de tratamento sempre nos dá vantaxes para poder incrementar progresivamente a supervivencia", engade o doutor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade