Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un enfrontamento directo e un derbi para os galegos de 1ª RFEF

Un enfrontamento directo e un derbi para os galegos de 1ª RFEF

O Rácing visita á Cultural Leonesa coa intención de manter o posto de play off

Pontevedra e Celta B enfróntanse en Balaídos

G24.gal 04/02/2023 14:01

O Rácing pon en xogo o seu posto no play off no Reino de León ante a Cultural Leonesa. 35 puntos teñen os ferroláns, 33 os leoneses. Unha derrota supón saír dos postos de ascenso.

"Non perdo nin un segundo en pensar que iso poida ocorrer, sería perder o tempo", indica Cristóbal Parralo.

Moi pendente dese encontro estará o Celta B, o sexto con 33 puntos, os mesmos que a Cultural. O domingo reciben o Pontevedra en Balaídos. O filial celeste pasou do descenso a axexar o ascenso en dez xornadas.

Para Hugo Álvarez, "a primeira volta custounos, agora vemos os froitos e a ver se chegamos ao final coa boa dinámica que levamos agora".

A dinámica do Pontevedra non é tan boa. Acumulan catro xornadas sen gañar e teñen a permanencia a seis puntos.

"Temos que gañar oito ou nove partidos. Non é unha final pero temos que seguir crecendo", apunta Toni Otero na previa.

A final de Balaídos, o derbi dos contrastes, este domingo ás cinco na nosa segunda canle.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar