Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un edificio de Cangas ten o garaxe asolagado de fecais

Un edificio de Cangas ten o garaxe asolagado de fecais

Os veciños atribúen a orixe a unhas obras municipais de hai tres anos

G24.gal 21/10/2022 13:32

Os camións de desatascos teñen un bo negocio na canguesa rúa da Noria, desde que hai tres anos algo falla nalgunha tubaxe de condución de fecais. As augas acaban aflorando neste garaxe impedindo o paso de vehículos e o uso do ascensor. Os veciños xa perderon a conta dos cartos que levan investidos en limpezas e desinfeccións.

O edificio ten trinta anos e nunca lles pasara isto ata hai tres que se fixeron unhas obras na rúa. Os veciños consideran que ese foi o inicio do seu problema, e tamén teñen claro que o debería de solucionar o Concello.

Hoxe mesmo estaban traballando operarios na vía. Desde que iniciaron as súas denuncias en prensa percibiron máis receptividade dos responsables municipais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade