Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un dron vixía na Coruña quen pasea o seu can sen correa

Un dron vixía na Coruña quen pasea o seu can sen correa

O operativo acabou con cinco persoas multadas por non respectar a ordenanza municipal

A actuación chegou tras as queixas veciñais

G24.gal 17/08/2023 14:40

A convivencia entre as persoas e os cans, ás veces, é complicada. No parque do paseo das Pontes, na Coruña, os veciños levaban tempo protestando polos cans soltos que frecuentan a zona.

"Ves o can por un lado, o dono por outro...", comenta Fernando Rubín, o presidente da asociación de veciños.

E as queixas non tardaron en chegar.

"Ti non podes levar un can solto porque non sabes a reacción que vai ter", engade Fernando Rubín.

Pero o caso é que para facer cumprir a normativa, a Policía Local viuse na obriga de utilizar un dron que non deixou de sorprender os veciños.

"E despois viñeron dous axentes da Patrulla Verde e sancionaron varias persoas por levar os cans sen correa". "O que ten que facer o Concello é habilitar zonas para que os cans poidan estar soltos. Un dron para vixiar e multar non é a solución".

Porén os que pasean pola zona sen mascotas din estar encantados coa medida.

O operativo realizouse nun parque onde hai meses xa se produciu un ataque dun can a unha persoa, malia que non lle causou feridas graves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos