Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un último convoi intenta evacuar os civís que quedan na fábrica de Mariupol

Un último convoi intenta evacuar os civís que quedan na fábrica de Mariupol

Accederán ao recinto cando cesen os combates que se rexistran na planta siderúrxica

Zelenski asegura que máis de 2.000 mísiles rusos caeron en territorio ucraíno, desde o inicio da guerra

Un tanque ruso dispara nas proximidades da factoria Azovstal de Mariupol
G24.gal 06/05/2022 13:19 Última actualización 06/05/2022 13:45

As Nacións Unidas e a Cruz Vermella teñen listo un novo convoi para rescatar os civís que quedan na factoría Azovstal de Mariupol.

Accederán ao recinto cando cesen os combates que se rexistran na planta siderúrxica, último reduto de resistencia ucraína nesta estratéxica cidade portuaria.

O Goberno ucraíno pediulle á oenegué Médicos sen Fronteiras que interveña para evacuar os soldados feridos que permanecen nos túneles subterráneos da fábrica.

O presidente Zelenski asegura que desde o inicio da guerra máis de 2.000 mísiles rusos caeron en territorio ucraíno.

Os restos dalgún deses proxectís móstranse agora nas rúas do centro de Kíiv, xunto a anacos de tanques, avións e outras armas de guerra destruídas nos combates.

"Cantos máis vehículos inimigos destruídos teñamos, máis próxima está a vitoria", di Valeri, veterano de guerra de 71 anos.

A ONU contabiliza case 7.000 civís ucraínos vítimas da invasión rusa, os dous últimos este mesmo venres en Lugansk en varios bombardeos que destruíron unha ducia de edificios residenciais, unha subestación eléctrica e unha gasolineira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade