Publicador de contidos

Publicador de contidos

Defensa suspenderá a licenza de mísiles israelís para equipar o Exército de Terra

Defensa suspenderá a licenza de mísiles israelís para equipar o Exército de Terra

Desde o Ministerio aseguran que o Goberno traballa en "plans de desconexión" para non depender de Israel

Militares operando o sistema de mísiles Spike LR2 (Ministerio de Defensa) Militares operando o sistema de mísiles Spike LR2 (Ministerio de Defensa)
G24.gal 03/06/2025 11:30 Última actualización 03/06/2025 11:54

O Ministerio de Defensa ordenou suspender a licenza dunha empresa israelí para fabricar en España 168 sistemas de mísiles contra carro Spike LR2 destinados a equipar ao Exército de Terra.

Segundo adiantou a Cadena Ser e confirmaron a EFE fontes de Defensa, o ministerio ordenou revogar este contrato que se anunciou o 3 de outubro de 2023 por un valor de ao redor de 285 millóns de euros e que foi adxudicado á empresa Pap-Tecnos, filial española da empresa israelí Rafael Advanced Defense System.

Entón, Defensa explicou que a obsolescencia dos sistemas utilizados ata o de agora obrigaba a substituílos por outros máis modernos, como os que xa se atopan en servizo en moitos dos exércitos dos países aliados e que a empresa israelí era a única capacitada tecnicamente para o desenvolvemento destes mísiles de quinta xeración.

A adxudicación -que non chegou a formalizarse- contemplaba que o Ministerio de Defensa debía pagar uns 285 millóns de euros en cinco anos para equipar con estes novos mísiles ás unidades do Exército de Terra e á Infantería de Mariña, que xa operaban coa versión anterior, os mísiles Spike LR.

O pasado venres, a secretaria de Estado de Defensa, Amparo Valcarce, xa apuntou que o Goberno traballaba en "plans de desconexión" para non depender de Israel "de ningunha das maneiras".

Aínda que deixou claro que España non ten "absolutamente" ningún proxecto de compravenda de armamento con Israel, admitiu que "algúns programas teñen dependencias tecnolóxicas dalgunha empresa de Israel" e, por iso, Defensa estaba "a trazar plans de desconexión". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade