Marta Villaverde Acuña, nova conselleira do Mar
Ata agora era a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Sigue en directo a toma de posesión da nova conselleira (09:30)

A ata o de agora directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta, Marta Villaverde, será a nova conselleira de Mar tras a dimisión de Alfonso Villares, tras ser investigado por unha presunta agresión sexual.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, asinou esta mesma tarde o decreto para nomear a nova conselleira do Mar, que acudiu á comparecencia pública na que Villares anunciou a súa dimisión.
Rueda agradeceu o seu traballo e dedicación ao conselleiro saínte, á vez que lle desexa “a pronta resolución da súa situación” xudicial.
Marta Villaverde era, desde abril de 2024 e ata hoxe, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. Previamente, e tamén na mesma consellería, fora subdirectora xeral de Pesca e Mercados (de maio do 2019 a abril de 2023) e subdirectora xeral de Valorización dos Produtos do Mar (de abril do 2023 ata abril de 2024).
Villaverde é licenciada en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela e é funcionaria de carreira do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A. A nova conselleira do Mar tomará posesión este xoves ás 9:30 horas no Pazo de Raxoi.