Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cortes na A-6, desde o luns 1 de xuño, pola renovación eléctrica do túnel de Neira, en Lugo

Cortes na A-6, desde o luns 1 de xuño, pola renovación eléctrica do túnel de Neira, en Lugo

A circulación interromperase ata o venres 5 de xuño en sentido Madrid e cortarase de novo, desde o luns 8 de xuño ata o día 12, dirección A Coruña 

Os cortes serán entre os quilómetros 456, enlace de Becerreá/Cereixal, e 469, enlace de Sobrado/Baralla. Habilitaranse desvíos alternativos pola N-6

 

Ministerio de Transportes e Mobilidade Ministerio de Transportes e Mobilidade
G24.gal 29/05/2026 17:38

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible renovará e mellorará as instalacións eléctricas do túnel de Neira na A-6, en Lugo, para o que serán necesarios diversos cortes na autovía desde o vindeiro luns, 1de xuño.

O Goberno central informou nunha nota de prensa que para para garantir a seguridade dos traballadores e usuarios interromperase a circulación entre os quilómetros 456, enlace de Becerreá/Cereixal, e 469, enlace de Sobrado/Baralla.

Habilitaranse desvíos pola N-6

Concretamente, os cortes comezarán o luns, 1 de xuño, ás 8.00 horas, e alongaranse ata as 13.00 horas do venres, 5 de xuño, afectando á calzada con sentido Madrid.

Así mesmo, volverán producirse ás 8.00 horas do luns seguinte, 8 de xuño e ata as 13.00 horas do venres 12 de xuño, en sentido A Coruña.

En ambos os casos habilitaranse desvíos alternativos pola N-6, debidamente sinalizados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade