Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rusia condiciona a tregua a que Ucraína recoñeza a anexión de Crimea e renuncie á OTAN

Rusia condiciona a tregua a que Ucraína recoñeza a anexión de Crimea e renuncie á OTAN

A delegación rusa entregoulles a súa proposta aos representantes de Kíiv no segundo contacto para buscar unha saída negociada ao conflito

Rusia e Ucraína acordan outro troco de prisioneiros, pero a tregua non chega

Delegación rusa. Reuters Delegación rusa. Reuters
G24.gal 02/06/2025 19:48 Última actualización 02/06/2025 20:45

O memorando entregado este luns polo equipo negociador ruso á parte ucraína condiciona o cesamento do fogo en Ucraína á retirada do exército ucraíno das catro rexións anexionadas por Rusia en 2022.

A delegación rusa demandou tamén que Kíiv poña límites ao número de efectivos das súas forzas armadas, durante as negociacións celebradas este luns en Istambul.

Na parte do memorando titulada "Principais parámetros para a solución definitiva", Rusia insistiu no recoñecemento "internacional e legal" da soberanía rusa sobre a península de Crimea e as catro rexións de Donetsk, Lugansk, Zaporiyia e Jersón, anexionadas en 2022.

Ademais, recalcou que Ucraína deberá ser neutral e non se permitirán "actividades militares estranxeiras, bases ou infraestrutura militar" de terceiros países. 

O Exército ucraíno deberá estar limitado no número de militares e armamento, mentres que todas as formacións militares nacionalistas deberán ser disoltas.

Ucraína deberá garantir "os dereitos, as liberdades e intereses da poboación rusa e rusoparlante do país, a lingua rusa deberá ser recoñecida como idioma oficial".

 Finalmente, o arranxo definitivo do conflito pasaría "polo restablecemento paulatino das relacións diplomáticas e económicas, incluíndo o tránsito de gas, o transporte e as comunicacións,  tamén a terceiros países".

 

 

Delegación Ucraína. Reuters Delegación Ucraína. Reuters

Segundo informou este luns o xefe negociador ruso, Vladímir Medinski, ao termo das conversacións en Istambul, o memorando entregado aos representantes ucraínos ten dúas partes, a proposta para o arranxo definitivo e os pasos para un posible e total cesamento do fogo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade