Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rusia e Ucraína abren en Istambul a segunda rolda das negociacións de paz

Rusia e Ucraína abren en Istambul a segunda rolda das negociacións de paz

O xefe da diplomacia turca, Hakan Fidan, foi o encargado de iniciar o encontro, que se celebra no Palacio Ciragan

G24.gal 02/06/2025 14:17

Rusia e Ucraína abriron este luns a segunda rolda de negociacións de paz en Istambul, que acolleu hai máis de dúas semanas a primeira reunión, na que se acordou un troco de prisioneiros de guerra.

O xefe da diplomacia turca, Hakan Fidan, foi o encargado de iniciar o encontro, que se celebra no Palacio Ciragan, un antigo palacete otomán reconvertido nun hotel de luxo.

"Cremos que aproveitaremos ao máximo esta oportunidade", afirmou o xefe da diplomacia turca no seu discurso de apertura dos contactos que, dixo, servirán para seguir avaliando as condicións das dúas partes para lograr un cesamento do fogo.

Fidan mostrouse confiado en que se esta segunda rolda de contactos dea resultados concretos e dixo que para poder ter negociacións formais é esencia "crear confianza" entre Rusia e Ucraína.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade