Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un coruñés distribúe axuda humanitaria desde Polonia

Un coruñés distribúe axuda humanitaria desde Polonia

O máis necesario son torniquetes, vendas, antibióticos e comida para nenos

G24.gal 06/03/2022 20:38

Alejandro Villa e Marta Kretchak pasaron a fin de semana visitando a familia na Coruña. Regresaron a Varsovia coa equipaxe cargada de antibióticos grazas á colaboración do Colexio de Farmacéuticos. Desde hai dous anos el traballa na filial polaca dunha multinacional española emprazada preto de Lublin, na fronteira con Ucraína.

Alí crearon un centro de distribución para canalizar a axuda. Envían de todo, aínda que o que se precisa con máis urxencia son torniquetes, vendas, medicinas e comida para nenos.

 "Estamos coordinando movementos desde Murcia e desde Barcelona. Esta semana, se hai sorte, levaremos 60 toneladas de material. Temos contactos en Ucraína para distribuílo. Temos aberta unha canle directa con Kiev e outra co leste de Ucraína". 

Os pais de Marta permanecen en Ucraína, no oeste do país, polo momento a salvo dos bombardeos. O seu pai é médico e está axudando nun hospital militar.

"O meu corazón está con todas as familias que perderon as súas casas, os seus seres queridos, os seus animais, que perderon algo durante estes once días desta guerra horrible".

Non ten palabras dabondo para agradecer a enorme mobilización solidaria co seu pobo, que resiste, di, porque Ucraína ten algo que non ten Rusia: a unión da súa xente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade