Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un coro de 1.600 escolares interpreta 'Apaga o candil' para lembrar a quen a fixo popular

Un coro de 1.600 escolares interpreta 'Apaga o candil' para lembrar a quen a fixo popular

En unha das actividades do Ano do Xestal, promovido polo concello de Carballo 

Carlos Díaz, O Xestal, foi contacontos e cantante e recuperou moitas tonadas tradicionais

A popularidade de Apaga o candil multiplicouse cando artistas famosos a cantaron no Luar da TVG

G24.gal 15/05/2023 16:10

Escolares de todos os colexios de Carballo cantaban xuntos na praza do concello Apaga o candil para poñer o broche final dunha actividade coa que descubriron a vida e a obra de Carlos Díaz, o Xestal, un dos seus conveciños máis populares, pero ensombrecido ata certo punto polo seu propio legado.

A actividade enmárcase no Ano do Xestal promovido polo concello da capital de Bergantiños para honrar a súa figura cando se cumpren 30 anos da súa morte e 90 do seu nacemento. 

O Xestal foi un contacontos e cantante que se fixo popular a mediados do século pasado, interpretando temas populares que el mesmo recollía, entre eles a popular cantiga que cantou por primeira vez no Luar da Televisión de Galicia en 1992, dous meses antes da súa morte. 

Carlos Díaz, o Xestal, cantou 'Apaga o candil' por primeira vez no 'Luar' en 1992  Carlos Díaz, o Xestal, cantou 'Apaga o candil' por primeira vez no 'Luar' en 1992 

Xosé Ramón Gayoso e Xurxo Souto lembraron como se chegou a aquela primeira interpretación e como logo a escolleron para pechar o programa durante anos coa participación de todos os artistas que pasaron polo Luar.

Iso fixo que se convertese nun himno popular. Pero o legado do Xestal vai moito máis aló de Apaga o candil. Entre as moitas pezas que recuperou está a Marcha do Antigo Reino de Galicia, remarca Cristina Abelleira, a responsable de Comunicación do Concello de Carballo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade