Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un congreso de novos emprendedores analiza as oportunidades que ofrece o rural galego

Un congreso de novos emprendedores analiza as oportunidades que ofrece o rural galego

O emprendemento no rural ofrece calidade de vida, menos custos para iniciar un proxecto e combate a despoboación

A asociación galega de novos emprendedores, AJE Galicia, organiza este simposio no que os mozos buscan a inspiración e a confianza para desenvolver os seus proxectos

G24.gal 11/09/2025 14:47

O rural ofrece numerosas vantaxes á hora de emprender. Alomenos así o ven moitos emprendedores que apostan por instalarse en concellos fóra das grandes urbes. 

Algúns destes proxectos analizaronse no congreso anual da Asociación galega de novos emprendedores, que se celebrou en Ferrol.

"Podes ofertar unha calidade de vida máis alta, incluímos o salario emocional, non é o mesmo traballar aqui que ter que desprazarte unha hora, que destinar o 70 por cento do teu soldo ao alugueiro", explica Luciano Covelo, presidente de AJE Galicia.

Emprender no rural significa ter máis calidade de vida, menos custos para iniciar os proxectos e é a mellor forma de combater a despoboación. 

 "Galicia é unha terra que o ten todo para emprender e fomentar o emprendemento, a calidade de vida que hai aqui é dificil de igualar noutros sitios", di Luis Rilo, propietario dunha empresa familiar en Ferrol

Empresarios que proveñen da empresa familiar contaron neste encontro que tamén tiveron que reinventarse para seguir para adiante.  

"Unha empresa como Maruxas de Nata que ten unha poducción pequena, ecolóxica, o rural non pode perder a súa esencia pero pode complentarse co sector servizos e turismo", di Sandra Suárez que reconverteu a explotación gandeira familiar nun obradoiro de gallletas.

O de reinventarse tamén o sabe ben José Elías que, tras arruinarse, hoxe é un dos empresarios máis importantes deste país, presente en 180 empresas e con máis de 900 millóns de euros de patrimonio. 

 "No rural hai moitas oportunidades pero hai que pór de manifesto que non só hai que aproveitar as oportunidades senón crear un ecosistema para que o rural se desenvolva", asegura José Elías.

O congreso é un espazo no que os  novos emprendedores buscan a inspiración e confianza necesarias para desenvolver as súas ideas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade