Publicador de contidos

Publicador de contidos

Leva case un ano prostrado na cama á espera de que lle dean a grande invalidez

Leva case un ano prostrado na cama á espera de que lle dean a grande invalidez

Diego Rey leva 10 meses esperando resposta á súa solicitude de dependencia total

Padece esclerose múltiple e sen axuda non pode adaptar a vivenda ás súas necesidades

Diego Rey no seu cuarto, onde o único contacto co exterior é a través da fiestra
G24.gal 13/10/2022 13:36 Última actualización 13/10/2022 14:31

Diego Rey é un veciño de Santiago de 47 anos que padece esclerose múltiple. Leva meses prostrado nunha cama porque está ao coidado da súa parella e soa non é quen de movelo.

Precisan adaptar a casa á súa situación, pero non poden afrontar as obras sen as axudas ás que poderían acceder se lle conceden a dependencia total. Solicitárona hai 10 meses pero aínda non recibiron resposta.

Diego Rey conta con resignación que no seu día a día e o seu único contacto co exterior é a través da fiestra do seu cuarto observando a xente que pasa pola rúa.

Casa sen adaptar

Hai dous anos que lle diagnosticaron esclerose múltiple. Perdeu case toda a mobilidade ata que quedou prostrado na cama. A súa muller Ester encárgase do seu coidado, pero a casa non está adaptada e ela soa non pode movelo.

Precisan reformar a casa, pero non poden afrontalo economicamente se non lles conceden a grande invalidez, e a solicitude leva varada 10 meses.

Mentres a petición continúa no limbo da burocracia, o tempo corre en contra de Diego porque a enfermidade avanza e non entende de prazos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade