Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil desmantela un punto de venda de drogas en Carballo

A Garda Civil desmantela un punto de venda de drogas en Carballo

Os axentes detiveron un home ao que lle comisaron 34 plantas de marihuana e 1,7 quilos de haxix, amais doutras pequenas cantidades de substancias estupefacientes

G24.gal 27/03/2026 09:56

A Garda Civil desmantelou un punto de venda de droga en Carballo e detivo un home de 28 anos como suposto autor de delitos contra a saúde pública e fraude na conexión ao fluído eléctrico.

Segundo informa este venres a Garda Civil, tratouse dunha operación realizada en cooperación por compoñentes da área de Investigación e patrullas de seguridade cidadá do cuartel de Carballo, e a Policía Local deste concello.

En maio de 2025 iniciaron unha investigación tras ter coñecemento da posible comisión de actividades ilícitas vinculadas á distribución de substancias estupefacientes nun inmoble da vila. Os axentes estableceron operativos de vixilancia que permitiron confirmar as sospeitas.

O pasado 16 de marzo procedeuse á incautación de 34 plantas de marihuana; máis de 1,7 quilos de haxix, distribuídos en 6 bloques de 100 gramos, 9 doses de 10 gramos e 569 doses dun gramo listas para a súa venda; 48 gramos de cogollos de marihuana e 36 gramos de pole; 3 gramos de cocaína; 3 gramos de material técnico utilizado para cultivo interior; e útiles para pesada, envasado e distribución de estupefacientes.

O valor estimado de todo iso ascende a 7.294 euros.

Ao detido impútanselle delitos de tráfico de drogas, cultivo ou elaboración de droga e defraudación de fluído eléctrico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar