Publicador de contidos

Publicador de contidos

Premian alumnos de Ourense que vestidos de superheroes achegan ideas para salvar o planeta

Premian alumnos de Ourense que vestidos de superheroes achegan ideas para salvar o planeta

Os estudantes levan o segundo premio estatal dun programa educativo sobre medio ambiente

O alumnado do colexio Santa Teresa de Jesús Vedruna recibiu hoxe o diploma e unhas experiencias científicas

G24.gal 14/06/2022 13:55

Pequenos xestos que aprenderon na escola e nas casas dende cativos e que agora transmiten ao resto neste vídeo. Por este proxecto en que expoñen as súas ideas para salvar o planeta acaban de recibir o segundo premio nacional dun programa educativo de Endesa sobre medio ambiente.

Ademais dunha dotación económica para a mellora da sostibilidade e a eficiencia enerxética no colexio, o premio inclúe para eles, os protagonistas, unhas experiencias científicas moi interesantes. Unha xornada moi distinta a que teñen hoxe, fóra das aulas, pero igualmente educativa.

Aprender entre todos a coidar o planeta é asegurar un futuro para as vindeiras xeracións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade