Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un Celta Fortuna en grande estado de forma recibe o segundo en Barreiro

Un Celta Fortuna en grande estado de forma recibe o segundo en Barreiro

Por primeira vez na temporada, os de Giráldez xogan en Barreiro diante do Real Unión de Irún (17 h, G2 e G24)

G24.gal 14/10/2023 13:25

Xornada un despois da éxtase. Volve a realidade competitiva nun equipo que vén de protagonizar un deses fitos que tardan en esquecerse. O gol de Pablo Durán e a vitoria en Riazor dan paso a unha cita de moito nivel diante do Real Unión de Irún. Rival distinto e escenario inédito esta temporada, o campo de Barreiro.

O Real Unión de Fran Justo é temible a balón parado. Oiartzun ameaza en calquera córner a falta lateral. Os de Fran Justo son os segundos, pero contrasta o seu pleno de puntos como locais coas derrotas xa apañadas nos campos do Barça Athletic e Unionistas.

Volvemos ao factor Barreiro. O ano pasado, tres partidos e tres derrotas neste escenario no inicio do campionato. Outra barreira a rachar por este Celta Fortuna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade