Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un cambio na lei obriga milleiros de garaxes a instalar novas e custosas medidas contra os incendios

Un cambio na lei obriga milleiros de garaxes a instalar novas e custosas medidas contra os incendios

A norma esixe un sistema contra o lume, detectores de fume e de monóxido de carbono e ventilación mecánica

Todos os aparcadoiros de máis de vinte prazas teñen que adaptar os seus espazos

G24.gal 16/05/2025 14:53

Advertencia para milleiros de edificios que teñen que poñer ao día os seus garaxes. Un cambio na lei, impulsado pola chegada dos vehículos eléctricos, obriga a que as comunidades instalen novas medidas contra incendios. Os garaxes máis recentes xa contan con elas pero agora deben adaptarse todos os antigos sempre que pasen das vinte prazas.

Os administradores de fincas advirten de que en moitos terán que facer obras e, por suposto, asumir gastos importantes. A normativa esixe dispor dunha rede contra incendios, detectores de fume e de monóxido de carbono e un sistema de aireación forzada con ventiladores.

"Nos garaxes existentes é máis complicado porque todo isto se fai en fase de deseño. Os condutos teñen que caber na estrutura e, se xa existe estrutura, é máis difícil", explica Fernando González, enxeñeiro de instalacións da construtora Civis Global.

A norma está en vigor dende hai dous anos pero de momento moi poucos garaxes anteriores a esa data adaptaron as súas medidas de seguridade. 

"Isto vai levar anos e agora non hai subvencións", asegura Leonardo González, responsable de administración de Gesfinca. "Estamos falando, probablemente, de milleiros de euros".

A norma tamén pon condicións a instalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos. Entre outras, que as comunidades teñen que adoptar medidas de eficiencia enerxética.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade