Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un boleto selado en Meira foi premiado con preto de 180.000 euros

Un boleto selado en Meira foi premiado con preto de 180.000 euros

É o maior premio repartido polos responsables da administración de lotería da vila

Félix Aragunde 06/01/2022 13:49

O último sorteo da Bonoloto deixou en Meira un premio de máis de 177.000 euros. O boleto, selado no quiosco da praza Maior da vila, tivo cinco acertos e mais o complementario. Foi o único acertante de segunda categoría. 

Senén Laurel, dono da administración de lotería de Meira: "Chamoume a delegada e comentoume que deramos un premio importante. Eu quedei medio en 'shock'. Pregunteille canto fora e díxome que era unha Bonoloto de segunda categoría".

Trátase do premio de maior cuantía repartido ata o momento polos responsables do negocio onde o boleto foi validado. Posto que a maior parte dos seus clientes son da zona, confían en que a persoa agraciada tamén o sexa. 

Senén Laurel, dono da administración de lotería de Meira: "Non se sabe quen foi, nin interesa moito. Que foi aquí na zona, seguro. Hai moita xente de paso agora no Nadal, pero a maior porcentaxe son de aquí de pola zona". 

Isabel Corbelle, dona da administración de lotería de Meira: "Repartíranse en 208 décimos de quintos premios na lotería de Nadal, pero coma este, ningún. Hai administracións que ao mellor levan 30 anos e non dan un premio coma este. Estamos moi contentos". 

Sen dúbida, este é un bo agasallo de Reis para quen gañou os preto de 180.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade