Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un Betis con urxencias clasificatorias gaña no Sar (67-82)

Un Betis con urxencias clasificatorias gaña no Sar (67-82)

O parcial no segundo cuarto (13-26) resultou determinante para a sorte do partido

A mala porcentaxe no tiro de tres (26 %) minguou o ataque obradoirista

G24.gal 23/04/2023 19:13

O Obradoiro non lle puido ofrecer o triunfo á súa afección. Perdeu por 67-82 diante dun Betis que comezaba a xornada en postos de descenso do que saiu grazas ao triunfo no Sar. 

O primeiro tempo resultou de escasa calidade e unha anotación moi baixa. Porcentaxes pésimas námbolos dous equipos co Obradoiro por diante cun 13-8. Todo cambiou no segundo cuarto. A Pargo e Bertans comezaron a entrarlle as triplas e o Obradoiro pasou de estar en vantaxe (24-22) a recibir un parcial de 0-10 que cambiou a dinámica do partido. No descanso gañaban os visitantes por 26-34.

No terceiro cuarto o Betis mantivo a inercia. Manexou unha vantaxe por riba dos dez puntos (chegou a ter unha máxima de catorce) e só o tino de Scrubb fixo que entrasen no último período con opcións (46-54). Aínda había posibilidades de remonta que medraron despois dunha canastra de Vicedo a 4 minutos do final (57-64). A resposta do Betis foi demoledora cunha tripla de Bertans e unha canastra de Montero que deixaron o partido sentenciado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade