Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un bebé permanece ingresado nun hospital de Asturias por posible inxesta de cocaína

Un bebé permanece ingresado nun hospital de Asturias por posible inxesta de cocaína

O pai presentouse co pequeno no centro hospitalario e solicitou que se lle fixera unha proba de toxicoloxía

 

Hospital de Arriondas. ( Xuan Cueto / Europa Press) Hospital de Arriondas. ( Xuan Cueto / Europa Press)
G24.gal 16/04/2026 13:31

Un bebé duns dous anos permanece ingresado no Hospital de Arriondas, Asturias, por unha posible inxesta de cocaína.

O centro hospitalario deu o aviso o mércores, despois de que o pai se presentase co pequeno e solicitase que se lle fixese unha proba de toxicoloxía. A primeira proba de aproximación deu positivo en cocaína e agora espérase o resultado doutra máis precisa, cuxos resultados probablemente se coñezan este venres.

A Garda Civil abriu unha investigación á espera de coñecer os resultados definitivos e, no seu caso, pescudar a orixe da inxesta. Mentras, unha traballadora social está ao cargo do bebé.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade