Un Barcelona sen pegada volve perder en Múnic
Un Barcelona sen pegada volve perder en Múnic
Lewandowski fallou tres ocasións moi claras diante do seu exequipo
O Bayern sentenciou nos primeiros nove minutos da segunda parte (2-0)
O Atlético caeu ante o Leverkusen do galego Gerardo Seoane (2-0)

Lewandowski deixou o Bayern para ser determinante no Barcelona en partidos coma o do martes. O polaco volvía á que fora a súa casa durante oito temporadas, alí onde cansou de marcar goles.
Pero Robert estivo infrecuentemente errado, perdoou tres ocasións moi claras e o seu equipo volveu perder contra unha escuadra que representa os pesadelos do Barça nos últimos tempos.
Pedri, Rafinha, Dembelé... A verdade é que os de Xavi xeraron oportunidades, pero faltou pegada. Todo o contrario que o Bayern, que en nove minutos de inspiración ao comezo da segunda parte resolveu o partido. Lucas Hernández (50') e Sané (54') anotaron os tantos.
Jugada eléctrica del Bayern para marcar el segundo al Barça.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) September 13, 2022
Marca Sané. #LaCasaDelFútbol #UCL pic.twitter.com/zyBR9vwJqm

O Atlético recibe dous goles nos últimos minutos
O Leverkusen - Atlético marchaba con empate sen goles no minuto 84. Ninguén agardaba o desenlace. Nun abrir e pechar de ollos marcaron Andrich e Diaby. Triunfo para o equipo adestrado polo técnico de orixe galega Gerardo Seoane. Os seus pais viven na parroquia da Brea, en Carballo.
Noche aciaga para los equipos españoles en la #UCL
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) September 13, 2022
Andrich adelanta al Leverkusen. #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/ERjn2INRKY
No primeiro tempo houbo pouco fútbol, só un posible penalti na área do Leverkusen. No segundo tempo, o partido gañou en revolucións, con dominio do Atlético pero máis ocasións para o equipo da aspirina.
