Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un bar de Cantabria cobra 1,50 aos clientes que se sentan e non consomen

Un bar de Cantabria cobra 1,50 aos clientes que se sentan e non consomen

A medida, que xa se aplica nalgúns países europeos, sorprende os clientes e é aplaudida por algúns empresarios do sector

G24.gal 26/10/2022 14:01

Unha coctelería de Cantabria decidiu cobrar un euro e medio a todo aquel que ocupe unha praza no establecemento e non consuma nada. A medida, que xa se aplica nalgúns países europeos, sorprende os clientes e é aplaudida por algúns empresarios do sector.

Saímos preguntar, e aquí en Galicia non semella que haxa moitos hostaleiros dispostos a poñela en práctica. 

"É un bar en Cantabria. Non aquí en Lugo. Xa me parecía raro". "Paréceme esaxerado, máis aínda na situación e nos tempos que estamos. Ao mellor por iso o fan".

Di o propietario que a coctelería cántabra que rexenta un negocio cun custo empresarial e que non ten sentido ocupar unha cadeira sen consumir quitando a praza doutro cliente que pode facer gasto.

Hai compañeiros que aplauden a decisión. Aquí, de momento, sorprende.

"Habería que saber por que este señor toma esa medida. Aquí a maior parte da xente nova que vén consome. Pode haber algún día que non, pero son clientes. Non lles dicimos nada", comenta un hostaleiro de Lugo. 

Disparidade de criterio entre os consumidores. Algún a favor, pero os máis en contra.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade