Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un bar da Coruña consegue reducir a factura da luz

Un bar da Coruña consegue reducir a factura da luz

A factura da luz volve rexistrar máximos situándose nos 227 euros/MWh, 26 euros máis que onte

Hoxe entre ás sete e as oito da tarde o consumo eléctrico sitúase preto dos 300 euros

G24.gal 24/01/2022 14:33

O bar Los Otros da Coruña conseguiu en plena alza da luz reducir a factura. A súa propietaria, Luz de Campos, asegura que tivo que facer verdadeiros sacrificios pero conseguiuno.

Apagou a tele, puxo unha de cartón, quenta o caldo con candeas, colocou reloxos para que os electrodomésticos comecen a funcionar nas horas onde a luz é mais barata, cambiou a luminaria por luces led e asegura que así conseguiu baixar a factura.

Algunhas destas recomendacións son fundamentais para evitar sorpresas desagradables como a dunha rapaza da Coruña á que lle chegou un recibo de máis de 6.000 euros de luz, por sorte para ela foi un erro. Debemos estar pendentes da factura e reclamar se non estamos de acordo.

"Coñecer o funcionamento do contador, coñecer as lecturas, saber se realmente o que nos reflicte a factura e o que pon no contador... son pequenos xestos que contribuirían a levar un control sobre o gasto que facemos e que non se produzan erros", asegurou Miguel López da asociación de consumidores.

Un día, este luns, en que a luz volve estar carísima, sobre todo entre as sete e as oito da tarde, situándose en preto dos 300 euros megawatt hora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade