Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un axente de Scotland Yard confesa que cometeu 49 agresións sexuais

Un axente de Scotland Yard confesa que cometeu 49 agresións sexuais

A policía británica sospeita que puido cometer 70 agresións e violacións durante 18 anos

David Carrick confesou que retivo e vexou 12 mulleres entre 2003 e 2020 David Carrick confesou que retivo e vexou 12 mulleres entre 2003 e 2020
G24.gal 17/01/2023 09:37

A policía británica investiga un novo caso de abusos sexuais por parte dun axente de Scotland Yard. David Carrick, de 48 anos, chegou a ser un policía de elite e durante 17 anos estivo destinado na brigada de protección parlamentaria e diplomática.

Onte admitiu que nese tempo cometeu 49 agresións sexuais, entre elas 24 violacións contra 12 mulleres ás que chegou a tratar como escravas mentres as tivo en custodia. Foi detido en outubro de 2021 tras ser acusado de violación e no rexistro da súa casa atoparon o cuarto onde as encerraba.

Sospéitase que puido cometer en total máis de 70 delitos sexuais entre 2003 e 2020. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade