Carlos III de Inglaterra anuncia unha "redución" no seu tratamento contra o cancro
Pasa a unha fase de "precaución" e vixilancia da enfermidade
O rei anunciara o seu diagnóstico en febreiro de 2024, un ano e medio despois de asumir o trono
Carlos III de Inglaterra anuncia unha melloría no seguimento da súa enfermidade que lle permitirá reducir o tratamento contra o cancro que recibe.
O palacio de Buckingham asegurou que o rei pasa agora a unha fase de precaución, seguimento e vixilancia. O que non indicou é se o cancro está en remisión.
Carlos III fixo fincapé na importancia dun diagnóstico precoz para superar esta enfermidade nunha mensaxe televisada emitida en apoio á campaña benéfica Stand Up to Cancer.
“Un diagnóstico precoz, sinxelamente, salva vidas”, asegurou o rei do Reino Unido, que compartiu desde a súa experiencia como "a noticia da enfermidade chega a ser abafante, pero se se detecta de forma temperá é clave para transformar os procesos, darlles un tempo incalculable aos equipos médicos e esperanza aos pacientes"