Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un autobús choca contra unha gardería canadense e mata dous nenos

Un autobús choca contra unha gardería canadense e mata dous nenos

Outros seis cativos resultaron feridos

A policía investiga se o choque foi intencionado

G24.gal 08/02/2023 20:13

A policía canadense anunciou este mércores que polo menos dous nenos morreron e outros seis resultaron feridos despois de que un autobús chocara contra unha gardería na localidade canadense de Laval, nas proximidades de Montreal.

O condutor do autobús, de 51 anos, foi arrestado e acusado de homicidio.

O autobús era un vehículo de transporte municipal e non escolar, como se dixo nun primeiro momento. Todas as vítimas estaban na gardería no momento do incidente.

As autoridades non indicaron as causas do incidente, pero o alcalde de Laval, Stéphane Boyer, declarou que se está investigando a teoría de que o vehículo se estrelou contra a gardería "de forma intencionada".

Varias testemuñas aseguraron que o condutor non tentou evitar a gardería, e que despois do impacto saíu do vehículo completamente espido.

Á gardería sinistrada asisten uns 80 nenos.

Algúns dos pais que estaban a deixar a esa hora os seus fillos retiveron o condutor pola forza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade