Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un ano tranquilo para Manu Barreiro logo de 5 agónicas tempadas

Un ano tranquilo para Manu Barreiro logo de 5 agónicas tempadas

G24.gal 10/03/2022 13:32

Manu Barreiro salvouse nas derradeiras xornadas das últimas cinco temporadas. Non estaba afeito para a situación deste momento co Lugo.

Curtido en mil batallas ao límite, Manu Barreiro saborea un ano distinto, no que as augas en Lugo baixan por fin polo rego.

Non ten ese acougo o rival do sábado, o Almería, pois sente na caluga os perseguidores que ameazan a súa praza de ascenso.

As mañas xa as ten. Barreiro marcou un dos dous goles que deron cos ósos do Almería no chan en Lugo. Un dos seis que apuntou na súa conta no que vai de Liga.

O central Pol García, a proba co Lugo

 

E ese é Pol García, defensa central de vinte e sete anos que comezou a adestrar co Lugo.

Formouse no Español, Barcelona e Juventus. Xogou en Italia e a súa última experiencia foi en México. No Juárez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar