Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un ano sen Samuel Luiz, entre o recordo e as incógnitas dun xuízo sen data

Un ano sen Samuel Luiz, entre o recordo e as incógnitas dun xuízo sen data

Un informe ampliado da autopsia indica que recibiu unha malleira cunha "multitude de golpes"

Cinco acusados de asasinato están á espera de xuízo e os únicos condenados son dous menores 

Vixilia con ofrenda floral no aniversario do asasinato de Samuel Luiz na Coruña

G24.gal 03/07/2022 11:19 Última actualización 03/07/2022 12:06

Flores no Paseo Marítimo da Coruña. Tras a morte de Samuel Luiz desatábase unha onda de solidariedade na cidade herculina, que non daba creto ao que sucedera na madrugada daquel 3 de xullo de 2021.

Nas retinas quedan impresionadas as imaxes do sucedido. Primeiro, a persecución do mozo tras o equívoco xurdido a raíz da gravación dun video telefónico. Despois, unha brutal malleira segou a súa vida.

A primeira persoa que socorreu a Samuel antes de que chegara unha ambulancia segue revivindo aquel pesadelo.

"Aínda teño recordos do momento, sobre todo cando me achego e o vexo convulsionando, sangrado polos oídos, o nariz e a boca...", rememora Pablo Barrón facendo unha pausa significativa que alude á morte presentida.

Sete mozos foron detidos no marco da investigación. Dous eran menores naquel momento e xa aceptaron unha pena de tres anos e medio nun centro de internamento. Dos outros cinco, tres permanecen no cárcere e todos eles seguen pendentes dun xuízo sen data.

Demora do proceso

A novidade é que a xustiza estadounidense aínda autorizou esta mesma semana o acceso ás mensaxes borradas polos detidos en redes como Whatsapp e Instagram. Esa é unha das causas principais na demora deste proceso.

"Desde hai bastantes meses oímos que a instrución estaba acabada, que era moi próxima a data do xuízo, iso se dixo en varias das liberdades que pedimos. A día de hoxe pódolle garantir que o xuízo non creo que nin para o Nadal se celebre", opina José Ramón Sierra, avogado da defensa.

Os colectivos LGTBI promoveron distintas mobilizacións, convencidos de que o crime de Samuel ten unha raíz homófoba e constitúe un delito de odio.

As autoridades políticas e os investigadores veñen manténdose nunha mesma liña: din que iso terá que decidirse en sede xudicial e non descartan esa posibilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade