Un alumno mata nove persoas e deixa trece feridos nun tiroteo nun colexio en Turquía
Vítima do tiroteo (REUTERS)
En Turquía, polo menos nove persoas morreron este mércores e trece resultaron feridas, seis delas graves, nun tiroteo nun colexio na provincia turca de Kahramanmaraş, segundo informaron as autoridades locais. O agresor, un alumno do centro de 14 anos, morreu durante o ataque.
O gobernador desa provincia, Mükremin Uyar, indicou que o alumno empregou cinco armas pertencentes ao seu pai, un antigo axente de policía.
Durante o tiroteo urante morreron un profesor, tres alumnos de 10 e 11 anos, mais o atacante, pero aínda non se sabe se se suicidou ou se se disparou accidentalmente.
O alumno estaba na oitava clase, o que normalmente corresponde a unha idade de 14 anos, pero a emisora Halk TV asegura que tiña ao redor de 16 anos.
Segundo testemuñas citadas polo diario Cumhuriyet, o alumno entrou en dúas aulas distintas e disparou de forma continua, cambiando os cargadores sen deixar de facer lume.
O gobernador provincial, Mükerrer Ünlüer, precisou que o agresor entrou a dúas aulas de quinto curso con cinco armas pertencentes ao seu pai, un antigo axente de Policía, e con sete cargadores nunha mochila.
Estas fontes apuntaron tamén que segundo responsables do colexio, o alumno mostrara xa antes "problemas psicolóxicos", aínda que non precisaron máis.
Este é o segundo tiroteo escolar en menos de 24 horas no país, despois de que un exalumno dun centro de Sanliurfa, a 200 quilómetros de Kahramanmaraş, ferira onte 16 persoas nun centro escolar antes de suicidarse.