Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un alumeamento de récord para celebrar o Nadal da normalidade

Un alumeamento de récord para celebrar o Nadal da normalidade

Milleiros de luces e moito traballo manual nunha casa de Outeiro de Rei

Ducias de curiosos acoden a ver a decoración

G24.gal 14/12/2022 19:58 Última actualización 14/12/2022 20:40

Cada vez son máis as vilas, parroquias e vivendas particulares, como esta de Outeiro de Rei, que queren celebrar en grande este Nadal de volta á normalidade. Para iso, enchen de iluminación e decoración as casas tirando de recursos e imaxinación. O espírito do Nadal propágase e outras vivendas toman exemplo de xeito que cada vez veñen máis visitantes polas noites a velo.

A vivenda de Arcos chama a atención dos condutores que pasan pola estrada lindeira e que paran a facer fotos e ver o traballo realizado. Os seus donos levan tres nadais seguidos decorándoa, pero desta volta esforzáronse máis ca nunca. O resultado é un espectáculo de luz e cor.

Ademais de luces e cables, hai moito traballo manual. Un tren con caixas de froita, unha árbore de ferro soldado, unha zorra feita a man ou unhas piruletas de goma son o resultado de moitas horas de esforzo. Un esforzo do agrado dos visitantes.

Outras casas do lugar xa se sumaron á iniciativa da decoración múltiple. Algo que paga a pena visitar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar