Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un altercado no centro de Lugo mobiliza varias dotacións policiais

Un altercado no centro de Lugo mobiliza varias dotacións policiais

Quedou ferida unha muller maior, que foi trasladada ao HULA

Félix Aragunde 11/10/2023 13:43

Unha discusión acalorada acabou nunha violenta pelexa rexistrada na rúa Nova de Lugo, en plena zona de viños do centro da cidade. Segundo as testemuñas, todo comezou cando un grupo de persoas bébedas se dedicou a increpar os viandantes dende unha terraza.

A mecha prendeu cando alguén lles chamou a atención e obtivo a súa réplica, unha situación que non tardou en rematar nun altercado.

Os implicados na liorta chegaron a empuxar unha muller maior, que caeu ao chan. Daquela, foi requirida a asistencia dunha ambulancia, que a trasladou ao HULA. Tamén foron mobilizadas varias dotacións dos distintos corpos policiais.

Unha vez acudiron os axentes, púxoselle fin á pelexa, e ningunha das partes implicadas presentou denuncia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade