Publicador de contidos

Publicador de contidos

O encoro de Cachamuíña tínguese de verde por un afloramento de cianobacterias

O encoro de Cachamuíña tínguese de verde por un afloramento de cianobacterias

A Confederación Hifrográfica está a realizar análises e o concello do Pereiro de Aguiar aclara que a captación de auga da traída non se fai neste encoro

G24.gal 05/07/2022 10:21

A seca, o baixo caudal dos ríos e as elevadas temperaturas están provocando a aparición de tóxicos nas augas.

Un exemplo é o río Loña ao seu paso polo encoro de Cachamuíña, no concello do Pereiro de Aguiar.

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) alerta da presenza de cianobacterias. Os técnicos detectaron estes días toxicidade na agua e están a realizar máis análises para asegurarse de que a que se canaliza para o consumo dos fogares é apta.

No Concello do Pereiro de Aguiar aseguran que os controis son continuos estes días e lembran que a captación para o consumo se fai dende outro encoro que está limpo de cianobacterias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar