Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un accidente múltiple en Santiago causa importantes retencións na AP-9

Un accidente múltiple en Santiago causa importantes retencións na AP-9

A acumulación de auga na calzada apúntase como causa probable do sinistro

G24.gal 12/12/2022 11:00

Longas retencións formáronse en Santiago de Compostela a causa dun accidente entre cinco vehículos no quilómetro 70 da AP-9 en sentido A Coruña, nas proximidades da Cidade da Cultura.

O sinistro, segundo relata a Garda Civil, produciuse este luns á mañá contra as oito, cando recibiron as primeiras chamadas para informar do accidente. Algunhas delas feitas polos propios implicados e que falaban dunha importante acumulación de auga na vía como causa probable. 

Foi o caso da muller que perdeu o control do seu turismo ao estar asolagada a calzada, feito que fixo que outro coche que ía detrás dela acabase por alcanzala.

As informacións dispoñibles falan de lesións de pouca gravidade. Os feridos foron atendidos por equipos do 061.

A situación complicou moito o tráfico. A vía chegou a estar parcialmente cortada, o que causou que a circulación fose moi lenta, aínda que non se vise totalmente interrompida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade