Últimos días para visitar a exposición 'Tres mulleres Magnum' na Fundación Luís Seoane da Coruña
Últimos días para visitar a exposición 'Tres mulleres Magnum' na Fundación Luís Seoane da Coruña
Tres mulleres pioneiras nunha disciplina en que a día de hoxe segue a predominar a presenza masculina
Foi a primeira española na axencia Magnum, e na Coruña amósanse algúns dos seus traballos menos coñecidos. Cristina García Rodero agrupa a visión humana dos conflitos con imaxes de ritos e tradicións.
Converter en extraordinario o común. Foi unha das habilidades de Eve Arnold coa súa cámara, para ser testemuña xa fose do día a día dunha cidade como Noa York ou do mundo do cine.
Xunto a Arnold, Inge Morath. As dúas foron as primeiras mulleres en ingresar na axencia Magnum e as súas traxectorias gardan certos paralelismos. Comparte Morath o interese polo cinema.
Tres mulleres pioneiras nunha disciplina en que a día de hoxe segue a predominar a presenza masculina.
A exposición Tres mulleres Magnum pode visitarse na Fundación Luís Seoane na Coruña.