Publicador de contidos

Publicador de contidos

Último día da Rapa das Bestas de Sabucedo cun balance moi positivo

Último día da Rapa das Bestas de Sabucedo cun balance moi positivo

A deste luns é a xornada máis tranquila e con máis participación local

G24.gal 04/07/2022 16:51

Os cabalos do monte entraban esta mañá de novo no curro de Sabucedo.

As bancadas con moita xente, pero xa non ateigadas coma a fin de semana, cando se xuntaban máis de mil oitocentas persoas.

A de hoxe, a última xornada, din algúns que é á máis auténtica, con menos turistas e máis para os do lugar.

Por suposto nas bancadas tamén hoxe había público foráneo.

E xa nesta última xornada os organizadores da rapa fan un balance moi positivo.

Despídese así esta Rapa das Bestas que anuncia xa novidades para o ano que vén, como a creación dunha experiencia dixital. Dende logo non será o mesmo que estar no propio Sabucedo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade