Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ultimato do Goberno ao sector eléctrico: teñen ata martes para entregar a información requirida

Ultimato do Goberno ao sector eléctrico: teñen ata martes para entregar a información requirida

O comité de análise que estuda as causas do apagamento xeral do 28 de abril "manifesta a súa preocupación" pola demora na entrega dos datos 

As eléctricas responden que é "absolutamente falso" que oculten datos sobre o apagamento

Sara Aagesen, vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica (Europa Press/Diego Radamés) Sara Aagesen, vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica (Europa Press/Diego Radamés)
EFE 05/06/2025 10:32 Última actualización 05/06/2025 16:45

O Goberno pediu por carta ás empresas do sector que, antes do próximo martes, envíen a información pendente sobre o histórico apagamento eléctrico do 28 de abril, ante a "preocupación" pola "demora" no envío deses datos “nas últimas semanas”.

Fontes do Ministerio de Transición Ecolóxica confirmaron a EFE o envío dese escrito, adiantado este xoves por elDiario.es e no que tamén os urxe a que "colaboren" na investigación europea do incidente.

A carta foi enviada ao termo da undécima reunión do comité de análise das circunstancias que concorreron na crise de electricidade do 28 de abril, celebrada este mércores na sede do Ministerio.

A misiva foi remitida tanto ao operador do sistema, Red Eléctrica (REE), como ás empresas de xeración, as distribuidoras, os centros de control e aos titulares de infraestruturas comúns de evacuación.

A todas elas dinlle na carta que, “nas últimas semanas, retardouse notablemente” o envío da información solicitada por esa comisión interministerial para esclarecer as causas do apagamento, e o comité “manifesta a súa preocupación por esta situación”.

Por iso, solicita a cada un dos axentes do sector que, “de non facelo, remita a información pendente” e faciliten “a máxima transparencia na información remitida” para poder trasladala á cidadanía.

Más dun mes despois do histórico cero peninsular, cuxas causas seguen por esclarecerse, é a primeira vez que ese comité dá ao sector un prazo concreto por escrito para o envío da información, o que pode interpretarse como un ultimato en toda regra.

O pasado 28 de maio, un mes despois do apagamento, a rede europea de xestores de redes Entso-E remitiu un escrito ao Ministerio para solicitar a súa axuda na intermediación cos diferentes axentes do sistema eléctrico despois de que Red Eléctrica lle informase da "reticencia" das empresas para "compartir os datos relevantes". 

As eléctricas din que é "absolutamente falso" que oculten información sobre o apagamento

A Asociación de Empresas de Enerxía Eléctrica (Aelec), que integran Iberdrola, Endesa e EDP, cualificou este xoves de "absolutamente falso" que as principais eléctricas do país estean "a ocultar información" ou dilatando as súas respostas aos requirimentos relacionados co apagamento peninsular do pasado 28 de abril.

Nun comunicado, Aelec lamenta que se vertan acusacións ás renovables ou ás enerxías convencionais "sen ningunha achega de datos, proxectando sospeitas sobre empresas do sector que contan cunha traxectoria impecable de décadas na subministración eléctrica".

Para a asociación, iso non só "desprestixia" a quen as realiza, senón que tamén "fai dano á reputación do sistema eléctrico e do propio país".

Así, Aelec subliña que "continúan colaborando activamente con todos os organismos e comités de investigación, tanto nacionais como europeos, e seguirano facendo con total transparencia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade