Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os psicólogos notificarán aos familiares o falecemento dos tripulantes do Villa de Pitanxo

Os psicólogos notificarán aos familiares o falecemento dos tripulantes do Villa de Pitanxo

Serán estes profesionais os que lles comunicarán cada novidade que se vaia coñecendo sobre as tarefas de rescate

G24.gal 16/02/2022 12:03

Tras a reunión de coordinación que o presidente da Xunta mantivo en Marín co delegado do Goberno, a empresa armadora e os alcaldes de Marín, Bueu, Moaña e Cangas, decidiuse que se siga o protocolo de actuación levado a cabo no sinistro do Alvia e que sexan os psicólogos os que notifiquen ás familias o falecemento dos tripulantes do Villa de Pitanxo.

Alberto Núñez Feijóo destacou que non hai novidades e que polo de agora hai tres superviventes, dez falecidos e once desaparecidos e subliñou que as condicións do mar son moi difíciles.

Feijóo destacou que hai unha necesidade de dar datos seguros porque se está a falar de persoas, e por tanto deben de ser certos.

Lamentou, unha vez máis, esta catástrofe. Dende 1978 non hai ningunha desta magnitude, e Feijóo quixo mandarlle unha mensaxe de solidariedade á empresa armadora.

As familias e toda a comunidade mariñeira seguen á expectativa das últimas novas que cheguen dende O Canadá sobre as operacións de busca e rescate dos mariñeiros do Villa de Pitanxo, afundido en augas de Terra Nova a primeiras horas deste martes.

Núñez Feijóo viaxou á localidade pontevedresa, onde o pesqueiro tiña o seu porto base, despois de presidir un Consello da Xunta extraordinario que declarou loito oficial na comunidade autónoma durante tres días e de participar en Santiago de Compostela nun minuto de silencio polas vítimas.

A Xunta de Galicia puxo á disposición das familias psicólogos para atendelas nun proceso moi doloroso que se pode alongar no tempo.

Das 24 persoas que traballaban no buquedezaseis teñen nacionalidade españolacinco son peruanos e tres ghaneses, de acordo aos datos oficiais.

O Departamento de Defensa do Canadá ten un helicóptero e un avión asistindo nos labores de busca e rescate, pero non se atoparon restos do pesqueiro. Témese, daquela, que a embarcación afundise por completo.

Salvamento Marítimo confirmou que o rescate do sétimo mariñeiro sen vida se produciu ás 18:52 hora peninsular. Foi o pesqueiro portugués Novo Virgem da Barca o que recuperou a sétima vítima do naufraxio.

   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade