O Resurrection Fest prevé reunir unhas 140.000 persoas nos seus cinco días de duración
Os aloxamentos de Viveiro colgaron xa o completo para os días do Festival
O mércores arranca o Resurrection e agárdanse sobre 140.000 asistentes ao Festival
Os hoteis están xa completos e os restaurantes e cafeterías fan acopio de provisións. E é que o festival prevé reunir unhas 140.000 persoas nos seus cinco días de duración. A cita co rock, co metal e coa música punk comeza este mércores 29 e durará ata o domingo 3 de xullo.
Haberá catro escenarios polos que pasarán máis de 12 bandas haberá tamén un importante dispositivo de seguridade formado por 180 persoas. Este ano a organización montará un hospital de campaña que se sumará ao autobús medicalizado e ás catro ambulancias e aos vehículos de intervención rápida que xa estaban noutras edicións.