Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desirée estaba viva no momento en que sufriu as lesións

Desirée estaba viva no momento en que sufriu as lesións

Testifican os forenses do Imelga e a psiquiatra que atendeu a Ana Sandamil en Teixeiro

Félix Aragunde 03/03/2023 13:39

Logo de testificaren os médicos de urxencias e os psiquiatras que atenderon no HULA a Ana Sandamil, a repetición do xuízo polo crime de Muimenta chegou á súa última xornada de declaracións.

Nela interveñen os psicólogos e psiquiatras forenses que examinaron a presunta parricida, testemuñas fundamentais para as acusacións á hora de determinar a súa imputabilidade.

Manuel Ferreiro, avogado da acusación particular: "Os que foron declarando son psiquiatras clínicos, que parten de que o que di ela é certo. Son os únicos que cuestionan o que ela pode dicir e analizan todo. É unha proba fundamental".

Beatriz Pardo, avogada da acusación popular: "A posición da Fundación Amigos de Galicia e da acusación popular é desacreditar a relacion das ideas delirantes que padecese co crime. A nena tiña sete anos e a derradeira cara que viu foi a da súa nai matándoa".

José Manuel Leal, pai da pequena Desirée: "Este monstro sabía perfectamente o que facía".

Tamén declararon os forenses do Instituto de Medicina Legal de Galicia que analizaron a causa da morte da vítima do asasinato, a pequena Desirée Leal.

José Luís Cascalla, médico forense: "A vítima estaba viva no momento da produción das lesións e as súas fibras foron esmagadas. Os labios foron comprimidos entre os dentes e a man, o antebrazo ou o que apertase".

Prevese que a vista oral polo crime de Muimenta, en que se pide prisión permanente revisable para a nai da vítima, remate o luns vindeiro coas conclusións finais das partes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade