Publicador de contidos

Publicador de contidos

O turismo cinematográfico chega a Ourense co festival de cine

O turismo cinematográfico chega a Ourense co festival de cine

Unha ruta de cine leva os participantes por escenarios de película

A primeira parada do día foi no mosteiro de San Pedro de Rocas, onde se rodou unha escena de Live is Life

G24.gal 01/10/2025 14:37

É un dos lugares máis emblemáticos da Ribeira Sacra ourensá. O mosteiro de San Pedro de Rocas, coa súa cripta medieval, é a primeira parada desta ruta de cine. Aquí rodouse unha escena da película Live is life de Dani de la Torre.

"É unha película de aventuras, que quere emular un pouco os Goonies, o cine dos 80, e veñen ao lugar máis máxico da provincia de Ourense, que é San Pedro de Rocas", explica Adrián Novoa Rodríguez, guía da ruta de cine.

Na visita participan alumnos dun ciclo superior de animación turística do CIFP Portovello de Ourense. Eles mesmos recrean a escena ambientada neste espazo. Un xeito de promover o cine, pero tamén o turismo a través da sétima arte.

Outras visitas

Esta ruta desenvólvese en varias xornadas durante o festival de cine de Ourense e percorre boa parte da provincia, en escenarios de filmes tan populares como a Lingua das Bolboretas ou Cuñados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade