Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tui-Monte Trega, segunda etapa do Gran Camiño o 24 de febreiro

Tui-Monte Trega, segunda etapa do Gran Camiño o 24 de febreiro

Por primeira na vez no ciclismo profesional unha carreira chegará ao Trega

G24.gal 20/12/2022 14:22 Última actualización 20/12/2022 14:26

No monte Trega, no Baixo Miño, rematará a segunda etapa do Gran Camiño.

Esta mañá foi presentada en sociedade esta tirada que comezará en Tui, na zona histórica da cidade fronteiriza, e finalizará no Trega, coa desembocadura do Miño e Portugal ao fondo.

Por primeira na vez no ciclismo profesional unha carreira chegará ao Trega. Serán tres quilómetros empinados, máis do oito por cento de desnivel, pedaleando por riba do mar e a carón dos castros e das pallozas.

É a etapa da provincia de Pontevedra. Aí estiveron as autoridades municipais e provinciais, os ciclistas Delio Fernández, Guillermo García e Samuel Blanco, así como Óscar Pereiro ou Gustavo César Veloso, embaixadores do Gran Camiño. Será o venres 24 de febreiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar