Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump rexeita responder á Fiscalía de Nova York sobre os seus negocios

Trump rexeita responder á Fiscalía de Nova York sobre os seus negocios

Cualificou o interrogatorio como "a maior Caza de Bruxas na historia dos Estados Unidos"

G24.gal 10/08/2022 16:30 Última actualización 10/08/2022 17:57

 Donald Trump declinou hoxe responder as preguntas da Fiscalía Xeral de Nova York, que está a investigar o expresidente estadounidense polas prácticas empresariais da súa compañía e que leva meses tratando de lograr falar con el.

Obrigado por un xuíz, Trump finalmente acudiu a testificar este mércores. En redes sociais describiu a investigación da Fiscalía de Nova York como "a maior caza de bruxas na historia dos Estados Unidos".

"A miña gran compañía e eu estamos a ser atacados por todos os lados", destacou o expresidente republicano.

O testemuño de Trump prodúcese dous días despois de que axentes da FBI rexistrasen a súa propiedade de Mar-a-Lago, na Florida, como parte dunha investigación federal non relacionada sobre se tomou documentos clasificados cando deixou a Casa Branca.

A investigación de Nova York está dirixida pola fiscal xeral do estado, Letitia James, á cal Trump describe como "racista" na súa publicación.

As pescudas de James tratan de determinar si a compañía de Trump inflou o valor dos seus bens para poder obter préstamos bancarios e en paralelo reduciu ese mesmo valor co gallo de pagar menos impostos.

A investigación é pola vía civil, polo que en calquera caso non podería presentar cargos criminais contra a familia Trump.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade