Publicador de contidos

Publicador de contidos

O redactor da lei de costas di que o Estado debe pór medios para a xestión do litoral

O redactor da lei de costas di que o Estado debe pór medios para a xestión do litoral

Javier Sanz Lurruga asegura que a norma non vai rebaixar a protección ambiental do litoral galego

G24.gal 28/04/2024 14:03 Última actualización 28/04/2024 16:44

A Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, avalada dende esta semana polo Tribunal Constitucional, non vai rebaixar a protección ambiental da costa galega, máis ben todo o contrario, segundo o seu redactor Javier Sanz Larruga.

O director do Observatorio do Litoral da UDC asegura que con esta lei se abre unha vía para que todas as comunidades costeiras con mar poidan xestionar o seu litoral e contempla normas adicionais de protección para evitar que se prexudique a calidade das augas.

Necesitarase un informe para autorizar ou denegar usos no territorio marítimo terrestre pensando nos cambios que o quecemento global poida traer nun futuro e que vai máis aló do estándar de protección da Lei de costas.

Ademais, o aval do Constitucional permite a recuperación patrimonial para usos novos duns 4.000 edificios vellos que hai nas costas, como casas de peto ou bateas.

O veredicto chega despois de que o Goberno central impugnara a Lei do Litoral de Galicia alegando que invadía competencias estatais, e que sería necesario modificar o Estatuto para que se puidese transferir a xestión da zona marítimo-terrestre; porén o Máximo Tribunal considerouno innecesario.

Segundo Sanz Larruga, o que toca agora é pedirlle ao Estado os servizos e medios necesarios para que Galicia poida xestionar o seu litoral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos