Publicador de contidos

Publicador de contidos

Triunfo para a historia do Río Breogán en Manresa

Triunfo para a historia do Río Breogán en Manresa

G24.gal 29/10/2022 21:10

O Río Breogán igualou as súas mellores marcas co seu espectacular triunfo en Manresa. Cos 106 puntos anotados e os 36 de diferenza obtidos repite os seus mellores números a domicilio en toda a súa historia.

Os lucenses foron moi superiores, sobre todo a partir do segundo cuarto. Un bo final do mesmo deixou ao Breogán con 14 puntos de diferenza, que puido incrementar ata os 19 no terceiro a pesar dunha tentativa de reacción local. O último cuarto foi unha exhibición. Os galegos conseguiron 41 puntos e aseguraron un triunfo histórico.

Bamforth, con 23 puntos, foi o máximo anotador e referente ofensivo galego, ben apoiado por Toni Nakic, con 20 puntos, e por Sergi Quintela, que volveu realizar outra magnífica actuación.

O Breogán suma catro triunfos e só dous derrotas deste excelente inicio ligueiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade