Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trinta pacientes galegos con linfomas agresivos poden optar a un tratamento experimental CART-T

Trinta pacientes galegos con linfomas agresivos poden optar a un tratamento experimental CART-T

É unha terapia baseada na modificación xenética das células inmunutarias do paciente

G24.gal 14/02/2024 13:34

Trinta pacientes con linfomas agresivos ou de difícil tratamento terán a oportunidade de probar nos hospitais galegos un tratamento experimental, que está na última fase de ensaio clínico e que ofrece bo prognóstico.

Os responsables deste ensaio, que se realiza en colaboración co Clínic de Barcelona e nos hospitais clínicos de Santiago e da Coruña, presentaron este fármaco CART-T. É unha terapia personalizada baseada na modificación xenética das células inmunutarias do paciente.

"Pacientes galegos van ter a posibilidade dun tratamento terapéutico. E ábrese tamén a esperanza de que este novo fármaco poida resultar curativo para o seu problema de saúde", explicou Jorge Aboal, director xeral de Asistencia Sanitaria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade